A educación secundaria obrigatoria é unha etapa educativa que comprende catro cursos académicos entre os doce e os dezaseis anos de idade. Un período fundamental no proceso vital de aprendizaxe para asentar as bases persoais e académicas coas que afrontar os retos do futuro.
Por todo iso, as metodoloxías que se empreguen, as relacións establecidas co profesorado, os plans de acción titorial e o traballo conxunto coas familias contribuirán enormemente a ese crecemento integral do alumnado que lle permita desenvolver a autonomía persoal e o espírito crítico necesarios para afrontar con decisión, firmeza, seguridade e sólidos valores á creación do seu propio proxecto de vida.
O Colexio Santa Juana de Lestonnac imparte na actualidade os seguintes niveis educativos, todos eles concertados:
1º, 2º, 3º 3 e 4º curso (dúas clases por curso)
Posúe ademáis dúas aulas de educación Especial