Ed. Infantil

 

O Noso colexio conta con dúas clases por curso para Alumnos e Alumnas de 3, 4 e 5 anos

Os fins da etapa son os seguintes:

1. A finalidade da educación infantil é a de contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual das nenas e dos nenos.

2. Na educación infantil atenderase progresivamente ao desenvolvemento afectivo, ao movemento e aos hábitos de control corporal, ás manifestacións da comunicación e da linguaxe, ás pautas elementais de convivencia e relación social, así como ao descubrimento das características físicas e sociais do medio. Ademais, facilitarase que nenas e nenos elaboren unha imaxe de si mesmos positiva e equilibrada e adquiran autonomía persoal.

3. Potenciarase a transmisión daqueles valores que favorezan a liberdade persoal, a responsabilidade, a cidadanía democrática, a solidariedade, a tolerancia, o respecto, a xustiza, a prevención de conflitos e a súa resolución pacífica, a non-violencia en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como o desenvolvemento da igualdade de dereitos e oportunidades e o fomento da igualdade entre homes e mulleres.

Para elo, no noso colexio:

REUNION  COAS FAMILIAS DE 3 ANOS EN SETEMBRO

Establecemos a principio de curso un período de adaptación, no que a  familia escolle entre dous posibles horarios.
 

TRABALLAMOS:

  • O aspecto académico, social e emocional.
  • Por proxectos. Cada trimestre un proxecto diferente. O alumnado vai adquirindo coñecementos e conceptos a través do proxecto: números,  vocabulario, etc…
  • Rutinas e hábitos: entrada e saída, asistencia, a roupa, material, ...
  • A autonomía.
  • O xogo, individual e en grupo, e así o respecto polos outros e polas normas.
  • Coas novas tecnoloxías: Informática, pizarra dixital, incorporación das tablets no proceso de ensino-aprendizaxe
  •  Inglés, Música, Educación Física e Psicomotricidade

En 3 anos:          

  • Rutinas, xogos en equipo e xogo libre.
  • Asembleas todos os días.
  • “Recunchos” de matemáticas, lingua e arte. (Psicomotricidade fina).

En 4 anos:

  • Iniciamos a lectura e escritura a través de xogos na pizarra ou na alfombra.
  • No terceiro trimestre empezan  a levar o libro de lectura á casa.

En 5 anos:

  • Lectura sistémica a diario.
  • Traballo colaborativo.
  • Ábaco e xadrez.

PARTICIPACION DA FAMILIA

  • Algún membro da familia asiste ao centro a contar contos, falar dos traballos…
  • Busca de información  para os proxectos na propia familia
  • O libro viaxeiro vai as fins de semana á casa