Actividades

VISITA DE MEMBROS DE CASAGA

O pasado 11de maio recibimos no noso colexio a visita de membros de CASAGA (Cans de salvamento de Galicia) dentro das actividades do concurso "CANVIVINDO". O alumnado de 3º e 4º de primaria recibiron unha charla de membros desta asociación e posteriormente unha demostración práctica da actividade que realizan estes cans cos seus guías.

Podedes ver algunha foto desta actividade facendo clic AQUI

Podedes ver un video desta actividade facendo clic AQUI

VISITA DO AUTOR CHINTO

O pasado 29 de marzo recibimos no noso colexio a visita do escritor Carlos López "Chinto"que xunto co seu compañeiro "Pinto", escribiron e ilustraron o libro "Cámbiache o conto" que previamente leran os rapaces de 3º e 4º.

Mantiveron unha animada charla na que o autor faloulles acerca da súa obra, rematando o encontro cunha firma de exemplares do libro. 

Podedes ver algunha foto desta actividade facendo clic AQUI

SESIÓN DE INTERIORIDADE

O día 29 de marzo tivo lugar unha nova sesión de interioridade na que participaron rapaces de educación infantil e 1º e 2º de primaria coas súas familia.

Podedes ver algunha foto desta actividade facendo clic AQUI

CERTAME DE RELATO CURTO COCA-COLA EN CASTELÁ

O pasado venres día 24 de marzo catro rapazas da ESO (Celia, Arai, Silvia e Aroa) participaron na fase provincial do 57 Certame de relato curto de Coca Cola en castelá

que, igual que o certame en galego, tivo lugar na Facultade de Filoloxía de Coruña. Tratase dunha proba escrita ten lugar simultaneamente en toda España e os participantes teñen que amosar todo o seu talento escribindo un relato corto. 

 

Para elo se se lles entrega un estímulo creativo nese momento e teñen que facer o seu relato. Posteriormente  un  Xurado Provincial avalía os relatos e selecciona tres gañadoresen cada una de las provincias o sectores provinciais que pasarán á fase autonómica. Sorte!!!.Podedes ver algunha foto desta actividade facendo clic AQUI

CERTAME DE RELATO CURTO COCA-COLA EN GALEGO

O pasado venres día 10 de marzo tres rapaces de 2º da ESO (Cristina, que hoxe participaron na fase provincial  do IX Certame de relato curto de Coc-Cola que tivo lugar na Facultade de Filoloxíade Coruña. Tratase dunha proba escrita ten lugar simultaneamente en toda España e os participantes teñen que amosar todo o seu talento escribindo un relato corto. 

Para elo se se lles entrega un estímulo creativo nese momento e teñen que facer o seu relato.Posteriormente  un Xurado Provincialavalía os relatos e selecciona tresgañadoresen cada una de las provincias o sectores provinciais que pasarán á fase autonómica.Sorte!!!

Podedes ver algunha foto desta actividade facendo clic AQUI

VISITA DO AUTOR MANUEL RIVAS

O pasado 8de marzo  recibimos no noso colexio unha visita moi especial: a do escritor Manuel Rivas. Os rapaces de 5º e 6º xa coñeceron  ao seu acompañante: o corvo “Calamidá”, un dos protagonistas do seu libro Bala Perdida, que previamente leran. Todos eles compartiron unha charla co autor na que analizaron os diferentes aspectos da súa obra e remataron a xornada coa firma dos exemplares do libro.

Podedes ver algunha foto desta actividade facendo clic AQUI

VISITA AO PROGRAMA "VOCES DE FERROL"

O pasado xoves día 16 de febreiro o grupo de alumnos que tiña participado no programa "Ecopreguntoiro" de RadioVoz, voltou á radio para participar no pragrama "Voces de Ferrol". Acompañados das profesoras Mónica e Cristina Breijo, explicaron o proxecto "Camiña comigo, camiño contigo" que estamos a levar a cabo durante este curso.

Podedes escoitar a intervención completa facendo clic AQUI

VISITA DA ESCRITORA ANA ALCOLEA

O martes día 24 de xaneiro e da man da editorial Anaya,  visitou o colexio Lestonnac a escritora Ana Alcolea.

Esta estcritora es la autora entre outros de libros como “El medallón perdido”, “La noche más oscura” o “Castillos en el aire”. Mantivo unha charla co alumnado da ESO  analizando diferentes aspectos da súa literatura que según palabras da autora ten unha clara inspiración autobiográfica.

Podedes ver algunha foto desta actividade facendo clic AQUI

RECREOS ACTIVOS

Durante o primeiro trimestre do curso levouse a cabo a primeira parte da actividade chamada "Recreos activos" na que o alumnado de primaria levou a cabo un torneo de brilé chamado "Brilest".

O venres 16 de decembro tiveron lugar no ximnasio do colexio as finais deste torneo no que alumnado de primaria animou aos equipos clasificados para esta fase. A sesión finalizou cunha entrega de chapas conmemorativas para os participantes e diplomas para os equipos gañadores ademáis dun abrazo grupal a Alba e Víctor, profesores responsables desta actividade. Ao longo dos seguintes trimestres seguirá actividade con outros deportes. Podedes ver as fotos desta fase final facendo clic AQUÍ

PATINAXE SOBRE XEO

Un grupo de alumnos de 3º de primaria acompañados das súas titoras Silvia e Laura e a súa profesora de educación física, acudiron á pista de xeo situada en Parque Ferrol donde disfrutaron dunha sesión de patinaxe na que demostraron as súas habilidades sobre o xeo. Podedes ver as fotos desta sesión facendo clic AQUÍ

VISITA A FRUTITOUR

O mércores 14 de decembro o alumnado de 5º de Primaria desprazouse, xuntos cos seus titores, ata a praza do Inferniño en Ferrol para asistir a un obradoiro chamado “Frutitour” . O obxectivo desta xornada foi dar a coñecer os diferentes tipos de nutrientes necesarios para a nosa alimentación e impulsar e fomentar o consumo de froitas e verduras importantes e imprescindibles para un menú saudable e equilibrado.

O  alumnado dividido  en dous grupos recibiron unha charla sobre os seus hábitos alimentarios e posteriormente subiron a un autobús didáctico. Despois de colocarse o delantal e o gorro de cociñeiros, comezaron o obradoiro co descubrimento de novos tipos de froitas e verduras e os nutrientes que aportan ao noso corpo. A sesión finalizou coa elaboración dun batido de multi froitas que logo degustaron.Podedes ver as fotos desta sesión facendo clic AQUÍ

VISITA AO RACING DE FERROL

Un grupo de alumnos de 4º de primaria acompañados dos seus titores Celeste e Ricardo acudiron o pasado sábado 19 ao estadio de A Malata, para presenciar desde o palco o partido entre o Racing de Ferrol e a Cultural Leonesa. Ademais, nenos e profesores tiveron a oportunidade de fotografarse co equipo titular do equipo racinguista.


ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE CABAZAS

Aproveitando o día da Nena María fixemos entrega dos premios do concurso de cabazas levado a cabo recentemente entre o alumnado de primaria. Os premiados foron subindo ao escenario a recoller un pequeno agasallo. Noraboa a todos os premiados.

 

VISITA DOS IRMÁNS IGLESIAS VILLANUEVA

O venres 18 de Novembro Febreiro visitaron o noso cole os irmáns Ignacio e Javier Iglesias Villanueva, árbitros de Fútbol de 1ª e 2ª división B respectivamente. Ofreceron dúas  interesantísimas charlas, unha para o alumnado de 4º a 6º de primaria e outra para os da ESO. A charla xirou sobre o mundo do arbitraxe pero desde un punto de vista moi didáctico contando a súa carreira como deportistas e moitas anécdotas que viviron durante a súa traxectoria. Mostráronlles unha presentación na que os rapaces viron como a responsabilidade o esforzo e o compañeirismo son parte fundamental deste deporte. Posteriormente foi o alumnado o que tivo a súa quenda de preguntas e autógrafos con dou colexiados.

 

COÑECENDO O UNIVERSO

O martes 15, e o xoves 17 de novembro das 18:30 ás 20:30 o alumnado de 1º da ESO fixeron una saída á zona de Mougá, onde a Sociedade Galega de Historia Natural de Ferrol ten un espazo para observar as estrelas. 

O martes 15 foron os de 1º B con Fanny e Ismael e desfrutaron dunha noite despexada e coa Lúa chea de maneira extraordinaria. Puideron observar as estrelas mediante o telescopio que a sociedade posúe. 

O xoves 17 xunto con Manuel e Ismael foron os de 1ºA, pero encontraron un ceo cuberto  polo que as ensinanzas tiveron que impartirse no interior.

 

DEGUSTACIÓN DE FROITOS DO OUTONO EN INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA

O pasado martes, día 8 de novembro, o alumnado de E. Infantil durante o seu recreo, e 1º e 2º durante o noso, cambiamos a nosa froita de tódolos martes por un gran banquete conxunto de froitos de outono. Todos/as trouxeron a súa aportación e conseguimos un enorme fruteiro, cheo de froitas e froitos secos, algúns que non son moi comúns ou son máis descoñecidos para os nosos nenos. Desfrutamos todos xuntos de probar estas lambetadas sás que nos ofrece esta estación mentres cantamos alusivas ó outono.

 

5º ANIVERSARIO DO CAMP DE CARANZA

O pasado día 21 de outubro o Corecho e o Galecoriño participaron nos actos do 5º aniversario do CAMP de Caranza.