CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ E "BOCATA SOLIDARIO" (30/01/18)

O luns 30 de Xaneiro celebramos un acto para conmemorar o “Día da Paz”.

Ás 13:00 h. todo o alumnado do colexio xunto co profesorado baixou ao Salón de Actos onde a nosa directora Eva deu a benvida e fixo unha breve presentación do acto e da canción de Juanes “Paz, Paz, Paz” que todos os cursos foron coñecendo ao longo da semana e que cantaron acompañándoa cunha pequena coreografía coas mans.

Despois, o profesor Carlos presentou a actividade do Pasapalabra da Paz, lembrando os diferentes traballos que realizaron cada curso nas súas aulas. Para continuar, dous representantes do alumnado de 4º de ESO  leron un manifiesto en favor da Paz.

Para despedir o acto Eva falou do Proxecto da Fisc en Nueva Vida-Managua (Nicaragua), para o que se destinará a recadación do “bocata solidario” que tivo lugar a continuación coa incorporación das familias que así o desexaron.

Podedes ver imaxes desta celebración facendo clic aquí: VER GALERÍA