Solicita información

Celebración 50 Aniversario

O pasado sábado, día 4 de maio tivemos a celebración do noso 50 aniversario. Foi unha xornada moi especial para toda a Comunidade Educativa na que a partir dás 12.00 horas e ata ben entrada a tarde puidemos gozar de diferentes actividades. Despois da apertura de portas e os saúdos correspondentes celebramos unha Eucaristía, para pasar despois a ver unha exposición sobre a historia do colexio. Estaba prevista unha comida campestre pero a choiva fixo que a tivésemos que facer a cuberto o que non nos impediu gozar dun riquísimo polbo e churrasco. Despois de comer, os máis pequenos puideron gozar de diferentes xogos e actividades, para terminar a tarde cun concerto do grupo Zest, do que forma parte o noso compañeiro Diego.
Foi un bonito día de reencontro e convivencia de todos os que ao longo destes anos formamos parte da familia LESTONNAC.

GRAZAS!!!

Facendo clic nas miniaturas podedes ver as imaxes das celebración

Preguntas frecuentes

Que nos identifica no Colexio Lestonnac?

Somos un colexio que pertence á Rede Educativa Arenales. Aquí buscamos a excelencia académica, pero tamén a excelencia humana, porque unha boa persoa adoita ser un bo profesional. Por iso o respecto aos demais, a un mesmo, ao traballo ben feito, son valores humanos e cristiáns que inculcamos no noso alumnado da man dos seus pais. Temos o ambicioso obxectivo de servir á sociedade, ás familias e ao alumnado.

Que aporta que o Colexio Lestonnac pertenza a Arenales Red Educativa?

Lestonnac é a primeira escola da Rede Educativa Arenales. Nestes momentos a rede está formada por máis de 30 centros educativos distribuídos por todo o mundo. Todos eles asumen un modelo de competencias e valores denominado IAM (Innovación, Autonomía, Mentoría). Do mesmo xeito que incorpora o código de boas prácticas, o regulamento de réxime interior e o plan de igualdade. Todos eles documentos que teñen a súa orixe en anos de experiencia e que buscan garantir a equidade, a inclusión e a igualdade.

Cal é o modelo IAM?

IAM é un programa de transformación co que buscamos ser centros educativos punteiros no século XXI. Este programa divídese en tres eixos principais: Innovación: buscamos ser unha organización aberta en comunicación permanente co mundo no que vivimos. Autonomía: axudamos a cada un dos nosos alumnos a tomar o control da súa vida, a ser persoas autónomas. Mentoría: cada un é protagonista da súa propia educación e, ao mesmo tempo, colabora na dos demais.

Como se aplica o programa IAM no Colexio Lestonnac

Innovación: A través da iniciativa iPad conséguese a integración da tecnoloxía na educación. Así como un plan de desenvolvemento curricular dixital «Mobile Learning» en todas as etapas. Autonomía: Promovemos a educación en habilidades blandas: o desenvolvemento de falar en público, habilidades de liderado, desenvolvemento do pensamento emocional, pensamento creativo e primeiros auxilios, etc. Mentoring: A través de titorías persoais entre o profesor e o alumno, para axudarlles a coñecerse mellor a si mesmos, a desenvolver habilidades sociais, a aproveitar os seus talentos, a forxar a súa autoestima e a ser felices de forma independente.

Solicita información

Temos as nosas portas abertas para ti: queremos coñecerte, mostrarche as instalacións e mostrarche o proxecto educativo, para iso enche o formulario e agenda unha visita ou pregúntanos que queres.