Na nosa organización dámoslle relevancia ao comportamento de cada persoa, cada día e onde estea. Buscamos a excelencia na interacción cos compañeiros de traballo, co alumnado e as súas familias, así como con calquera outra persoa ou entidade. De acordo coa lexislación vixente, a comunidade educativa dos centros educativos areenses réxese por unha normativa accesible a todos, que se recolle no Regulamento de Réxime Interior, Código de Boas Prácticas e Plan de Igualdade.